Para o premio ao campión da American Hockey League vexa Calder Cup
O Calder Memorial Trophy é un trofeo anual outorgado "ao xogador seleccionado como o máis competente no seu primeiro ano de competición na National Hockey League".[1] Servindo como premio ao Novato do Ano na NHL, esta versión do trofeo entrégase dende a súa creación na tempada 1936-1937 da NHL. A votación lévase a cabo por membros da Professional Hockey Writers' Association ao final da liga regular para determinar o gañador.